Arquitectura Kappa: un paradigma “near real-time” no sector retail

O colectivo técnico Coruña Jug organiza esta charla da man de Miguel García, que compartirá coas persoas que asistan algunas experiencias e leccións aprendidas montando unha arquitectura Kappa.

Segundo explica o propio relator, a conversa abordará, desde unha perspectiva tecnolóxica, a necesidade das grandes empresas de consumir información relevante para a toma de decisións, dun xeito áxil e nun contexto descentralizado, que respondan ás necesidades dos clientes.

Para asistir a esta charla hai que inscribirse previamente no Meetup ao que podes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 23/05/2019 19:15-20:45

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar