Universos transmedia: charla sobre posibilidades e tendencias no audiovisual

O #LAIC inaugura a súa nova tempada con esta actividade, dirixida a afondar nas posibilidades e tendencias das narrativas transmedia no sector audiovisual.

Trátase dunha charla de Roger Casas-Alatriste, fundador da produtora especializada El Cañonazo, con quen nos achegaremos a exemplos das novas formas de storytelling propagadas a través de todo tipo de plataformas e medios, dándolle unha dimensión nova ao que coñecemos como "narrativa".

A actividade terá lugar no Centro Ágora e as prazas son limitadas.

Podédesvos incribir a través deste formulario, no que tamén atoparedes a posibilidade de apuntarvos na sesión práctica que Roger Casas-Alatriste impartirá ao día seguinte.

Ademais, nesta primeira sesión poderedes coñecer o programa completo da nova tempada do Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación 😉

Detalles

Data

O día 17/12/2019 19:00-20:30

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/laic/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar