Animación e videoxogos: da mente á pantalla

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo organiza un encontro no que a animación e os videoxogos serán os protagonistas.

Nestas xornadas poderédesvos achegar ao mundo das imaxes xeradas por ordenador (CGI) e, máis concretamente, á súa parte máis creativa: animación, videoxogos e efectos visuais (VFX). Nelas abordarase tamén a maneira na que estes campos do entretemento souberon adaptarse a outros ámbitos como a narrativa ou o audiovisual para dar lugar a novas parcelas profesionais e de coñecemento. Tedes aquí o programa completo.

As prazas son limitadas. Podedes formalizar a matrícula premendo aquí ou a través do mail galiciasa@uimp.es.

 

 

Detalles

Data

Dende o 27/11/2019 ata o 29/11/2019 10:00-17:30

Contacto

981 140 830 http://www.uimp.es/agenda-link.html?id_actividad=64P0&anyaca=2019-20 galiciasa@uimp.es

Información adicional

As prazas son limitadas.

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio

Praza de Papagaio, s/n
15002 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar