Realidade aumentada. Sesión#3
A realidade aumentada permite ampliar a información e contidos dunha peza física, a través da intermediación dun dispositivo dixital (xeralmente móbil). Propoñemos traballar sobre as posibilidades de aplicar AR con creador*s da cidade, especialmente das artes visuais, como a ilustración ou a arte urbana, entre outras moitas aplicacións.
Para achegarnos ás posibilidades desta tecnoloxía exploraremos, da man de Aida Vidal, o uso de Vuforia, un software que se pode usar como extensión de Unity, unha das principais plataformas para crear videoxogos e animacións en 3D. Esta ferramenta permite recoñecer unha imaxe a través da pantalla do móbil ou da tableta e crear unha capa de información que a modifique ou engada contido a partir desta imaxe.
Detalles
Data
O día 09/03/2019 10h-14h/16h-19:30
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-realidade-aumentada/ laic@corunadixital.gal