QGIS – Conferencia Internacional de Usuarios e Desenvolvedores

A cidade da Coruña acollerá, entre o 4 e o 10 de marzo, a Conferencia Internacional de Usuarios e Desenvolvedores de QGIS, o evento referencial para todas aquelas persoas que traballan neste sistema de información xeográfica de código aberto. Desde o luns 21 de xaneiro, ábrese a través do web oficial 2019.qgis.es o prazo de inscrición para participar no encontro, organizado pola Asociación QGIS España e que conta co apoio da Concellería de Participación e Innovación Democrática, ademais da comunidade Xeoinquedos e da asociación Bricolabs, entidade que desenvolve habitualmente a súa actividade na Sala Maker da Domus.

O SIX é un conxunto de ferramentas que permiten a organización e análises de datos vinculados a unha referencia espacial na que se relacionan aspectos sociais, culturais, económicos e ambientais, que facilitan unha toma de decisións máis eficaz. A cita, que pretende recompilar experiencias e compartir coñecementos sobre QGIX, estruturarase a través de talleres, unha conferencia de persoas usuarias da plataforma --estas dúas primeiras iniciativas terán lugar na Escola de Enxeñería de Camiños-- e un encontro para desenvolvedores que se celebrará na sala maker da Domus.

Para máis información sobre as charlas, persoas relatoras, obradoiros e actividades que se desenvolveránd durante o evento, pódese vivistar o web 2019.qgis.es

Detalles

Data

Dende o 04/03/2019 ata o 10/03/2019

Contacto

http://2019.qgis.es/

Información adicional

Parte das actividades desenvólvense na Escola de Enxeñería de Camiños (UDC)

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Sala Maker@Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña

https://corunadixital.gal/iniciativa/sala-maker-domus/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar