Narrativas populares contemporáneas . Sesión #2
Na primeira parte desta sesión -Novos xéneros audiovisuais da Rede: a imaxe ao servizo do LOL (e de máis cousas)- percorreremos os distintos xéneros e formatos audiovisuais que naceron coas redes sociais: os microvídeos, as tiras cómicas animadas, as dobraxes, os challenges, o remix, etc.
Na segunda parte da sesión avanzaremos nas ideas a desenvolver no grupo e concretaremos as linguaxes e os soportes nos que imos traballar. Elixiremos un formato no que facer unha primeira práctica, así como as plataformas nas que publicar as primeiras probas.
Este é o programa previsto para as vindeiras sesións:
- 15 de febreiro: Taller de videocreación e animación para a Rede, con Christian Flores e Anabel Lorente
- 1 de marzo: As plataformas configuran a linguaxe de Internet
- 15 de marzo: Repaso e finalización dos traballos
Ademais dunha sesión final, común a todos os grupos do LAIC, o 22 de marzo.
O grupo de narrativas populares contemporáneas do LAIC está coordinado por María Yáñez. Podes formalizar a túa inscrición, que como todas as actividades de Coruña Dixital é gratuíta, desde aquí.
Detalles
Data
O día 01/02/2019 17h-20h
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-narrativas-populares-contemporaneas/ laic@corunadixital.gal