Meninas JAM

O Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña, que se imparte no campus de Ferrol, xunto coa asociación Videoxogo.gal, organizan o encontro virtual de desenvolvedor*s Meninas Jam, co obxectivo de crear un ou máis videoxogos nun curto período de tempo.
Esta game jam toma a seu nome das Meninas de Canido, iniciativa do pintor Eduardo Hermida, que se converteron nun referente artístico e cultural da cidade.
Meninas Jam comezará o 18 de xullo coa elección da temática dos videoxogos, que deberán presentarse o día 25. As propostas serán valoradas por un xurado o día 31 de xullo.
Podedes ampliar a información na web do evento, á que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
Dende o 18/07/2020 ata o 25/07/2020
Categorías
Lugar
[ Online ]