Laretas Geek: especial Engineering Management

Varios colectivos técnicos, entre eles Coruna JUG, organizan esta edición especial de Laretas Geek, trala boa acollida que tivo o mes pasado a primeira xuntanza celebrada en liña.

Nesta ocasión, o eixo central do encontro será Engineering Management, da man de catro poñentes:
David Pardo, director de produción en Corunet, Félix López, Engineering Site Lead en Eventbrite, Karina Pangaro, Engineering Manager en Eventbrite, Lucía Pérez, Team Lead en Optare Solutions, e Martín Pérez, Engineering Lead en Cisco.

Esta edición de Laretas Geek estará, como a anterior, aberta á participación e inclúe a quedada posterior, neste caso virtual, así como o tradicional concurso.

Podedes inscribirvos e ampliar información no seu meetup, ao que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

O día 23/07/2020 21:30

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar