Máis conectados, máis controlados

Hack a Boss organiza este encontro online con Sofía Prósper e Santiago Saavedra (Tráckula) para coñecer o proxecto de software libre Iuvia, que desenvolven con financiamento europeo.

As persoas asiduas ao ciclo Distopías Cotiás coñecerán esta iniciativa, xa que Iuvia e os seus impulsores teñen sido tema de conversa nas sesións celebradas ata o de agora. No encontro organizado por Hack a Boss saberemos que pasa coa información que xeramos, ata que punto controlamos os nosos datos e as solucións que temos para paliar esta situación, así como o que aporta Iuvia neste contexto.

Para acceder ao encontro, que é gratuíto, hai que rexistrarse previamente. Pódelo facer xa desde aquí.

Importante ser puntual: as portas (virtuais) pecharanse a comezar o evento.

Detalles

Data

O día 15/05/2020 16:00-18:00

Información adicional

Debes conectarte cinco minutos antes da hora de comezo. Ás 16:00 pecharase o acceso ao evento.

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar