Data-driven: como as organizacións usan os nosos datos para tomar decisións

Unha nova sesión de Distopías Cotiás, os encontros mensuais nos que reflexionar e debater sobre o impacto das tecnoloxías nas nosas vidas.

Nos medios e redes sociais, moitas veces escoitamos falar de Big Data e Intelixencia Artificial, en novas que nos poden sorprender ou asustar pero non nos deixan indiferentes. Non obstante, é difícil explicar con palabras sinxelas o que hai detrás destas expresións, como funcionan e que intentan acadar. Trataremos de introducirnos nestas tecnoloxías que, a pesar de impoñerse como un elemento cada vez máis central nas nosas vidas, seguen a ser descoñecidas para a maioría da xente.

Farémolo grazas a Pietro Marini, un participante habitual nos nosos encontros e que nos enviou esta interesante proposta de charla. Tras rematar os seus estudos universitarios en Física en 2011, Pietro comezou a súa carreira profesional como desenvolvedor e consultor Big Data en grandes empresas de diferentes sectores. Con orientación principalmente técnica, gaña experiencia en Enxeñaría de Software e Sistemas Analíticos, aínda que está interesado noutros temas como as finanzas éticas, o impacto social das tecnoloxías dixitais e a economía circular. Despois de varios anos en París, desde 2018 Pietro vive e traballa na Coruña coa súa familia.

Aínda que se celebrará en liña, o formato seguirá a ser o dunha charla breve introdutoria (30' aprox.) e un posterior espazo de conversa. Coa colaboración de Bibliotecas Municipais da Coruña e Coruña Dixital, pretende conectar persoas de calquera ámbito, non só tecnolóxico, interesadas en compartir coñecemento, reflexións e propostas sobre esta temática.

Se queres atopar máis información, recibir actualizacións ou inscribirte nesta nova cita, podes facelo a través do Meetup.

A retransmisión en directo realizarase na nosa canle de vídeo, onde tamén poderás atopar os vídeos anteriores e participar neste encontro, enviando preguntas e reflexións que compartiremos en directo. Este é o enlace.

 

Detalles

Data

O día 25/05/2020 19:00-20:00

Contacto

www.distopiascotias.gal

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar