Laretas Geek: especial Kubernetes

Este mes Coruña JUG organiza, xunto con outros colectivos técnicos, unha nova edición de Laretas Geek, nesta ocasión centrada en Kubernetes.

Participarán relator*s con gran experiencia tanto do ámbito galego coma estatal. O evento, aberto á participación activa das persoas que asistades, ofrece a posibilidade de falar coas persoas que compartirán os seus coñecementos despois da xuntanza e inclúe o concurso habitual.

Toda a información está no seu Meetup, ao que podedes acceder dende aquí e onde vos podedes rexistrar para asistir.

Detalles

Data

O día 19/11/2020 21:00-23:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar