Gutenberg vs Elementor

O colectivo técnico WordPress Coruña, xunto cos grupos doutras cidades galegas, organiza esta cita para falar, en liña, de Gutemberg e Elementor.
Os protagonistas desta xornada serán Ángel Vidania y Ángel Zinsel, organizadores de WordCamp Madrid e relatores en diversas WordCamps e Meetups.
Da súa man abordaranse as vantaxes dunha e doutra plataforma e o seu posible emprego simultáneo entre outras cuestións, das que tedes no seu Meetup información ampliada e espazo para o rexistro previo na xuntanza, que se celebrará a través de Zoom.
Detalles
Data
O día 20/11/2020 19:00-21:00
Categorías
Lugar
[ Online ]