GPUL Labs: Why the world choose Go
O colectivo técnico GPUL organiza unha charla, dentro do seu programa GPUL Labs, na que se fará unha introdución á linguaxe Open Source de programación Go, desenvolvido e soportado por Google e a comunidade, revisando tamén os seus aspectos técnicos fundamentais.
Tamén falarán dos cambios nos ciclos de desenvolvementos que supoñen adoptar esta linguaxe e de como estes poden beneficiar a unha empresa no seu día a día, amosando tamén algún exemplo de código.
Coruña Dixital apoia esta cita, facilitando a súa celebración no centro Ágora. Se vos queredes inscribir e ter máis información, entrade no Meetup da actividade, ao que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 19/12/2019 19:30-20:30
Contacto
https://www.meetup.com/es-ES/GPUL-Labs