Elixir vs. Java (aka. Elixir for Java developers)

O colectivo técnico Coruña JUG organiza unha charla coa poñente Laura M. Castro, unha profesional de referencia no ámbito da docencia e a investigación, ademais de ser unha das impulsoras de HelloSisters, unha iniciativa vinculada á Universidade da Coruña que traballa pola igualdade no eido tecnolóxico.

Laura Castro falará acerca das vantaxes de traballar con Elixir e a programación funcional, coa perspectiva dunha profesional familiarizada co mundo Java.

Coruña Dixital apoia esta cita, facilitando a súa celebración no Centro Ágora. O rexistro para participar nesta actividade faise a través desta páxina de Meetup, onde tamén atoparedes máis información.

Detalles

Data

O día 10/12/2019 19:00-21:00

Contacto

https://www.meetup.com/es-ES/CorunaJUG

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar