GPUL Labs: Introdución a PostGIS

Os GPUL LABS achéganse de novo ao centro da cidade en colaboración con Coruña Dixital, cunha nova charla sobre as posibilidades profesionais do software libre.

O xoves 29 veremos unha introducción a PostGIS, unha extensión espacial da base de datos PostgreSQL que é a forma máis usada de almacenar información espacial nunha base de datos con software libre.

Da man de Francisco Puga, da empresa coruñesa iCarto, aprenderemos como funciona este software e como consumir información a través de Django e de SQLAlchemy.

iCarto é unha iniciativa empresarial de base tecnolóxica (IEBT) que ten como obxectivo o desenvolvemento e a aplicación de tecnoloxías de información xeográfica no ámbito da enxeñaría civil e a cooperación ao desenvolvemento, fomentando a innovación, potenciando o uso do software libre e aumentando as capacidades de análise xeoespacial e a eficacia na xestión de infraestruturas e servizos territoriais.

Detalles

Data

O día 29/06/2017 19h

Contacto

https://www.meetup.com/GPUL-Labs/ info@gpul.org

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Accede Papagaio

Rúa do Hospital, 19, baixo.
15001 A Coruña A Coruña

http://www.coruna.gal/papagaio

Empece a escribir e pulse Enter para buscar