Flisol 2019

A Domus acolle a décimo quinta edición de Flisol, o festival latinoamericano de instalación de software libre dirixido a todo tipo de públicos: estudantes, empresarios, traballadores e tamén persoas sen grandes coñecementos de informática que queiran coñecer esta tecnoloxía.

O festival está organizado por varias comunidades de software libre, neste caso Melisa en colaboración con Bricolabs e o Concello da Coruña. O seu principal obxectivo promover o uso do software libre, difundindo entre eo público en xeral a súa filosofía, alcances, avances e desenvolvemento, e transcorre simultáneamente con eventos nos que se instala, de manera gratuíta e totalmente legal, software libre nos ordenadores que levan os asistentes. Ademais, hai charlas, ponencias e obradoiros sobre temáticas locais, nacionais e latinoamericanas en torno ao software libre en todas as súas expresións: artística, académica, empresarial e social.

A xornada, da que tedes completa información aquí, e de entrada gratuíta, pero as prazas nos obradoiros son limitadas, polo que, desde a organización, recomendan realizar a inscrición o antes posible.

Detalles

Data

O día 27/04/2019

Contacto

https://flisol2019acoruna.wordpress.com https://flisol2019acoruna.wordpress.com/inscripcion/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Domus

Rúa Ángel Rebollo, 91
15002 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar