Coruña JUG: Montando un “framework” sobre Spring Boot

O colectivo técnico Coruña JUG comeza o ano cunha primeira sesión que xirará en torno a montar un framework sobre Spring Boot.
Nesta ocasión co senior software engineer Rubén Pahiño quen dará unha charla sobre o emprego de mecanismos de Spring, como filtros ou BeanPostProcessor, para engadir todo o preciso para un servizo production-ready.
Dende Coruña Dixital apoiamos esta cita, acollendo a súa celebración no Centro Ágora (aula 9). Para ampliar a información ou inscribirte, aquí tes o seu evento en Meetup.
Detalles
Data
O día 09/01/2020 19:00-21:00h