2º encontro da Comunidade de Creadoras e Creadores de Contido en Galego

A Comunidade de Creadoras e Creadores de Contidos en Galego (C4G) organiza unha segunda reunión  para persoas interesadas na creación de contidos de todo tipo en galego. Un espazo aberto, plural e de balde, para persoas de tódalas idades e niveis -tanto amateur como profesional- que queiran compartir experiencias e aprender de outr*s a crear mellores contidos.

Dende Coruña Dixital apoiamos esta cita, acollendo a súa celebración no Centro Ágora (aula 14). Para ampliar información e inscribirte, podes premer neste enlace.

 

Detalles

Data

O día 18/01/2020 17:00h

Contacto

http://cccg.ga/

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar