Charla: Aventuras dunha youtuber legal
Bárbara Román e José Manuel Sendín, de NoLegalTech, falarannos da vídeo guía legal que crearon titulada "La guía legal para youtubers", na que explican moitas das cuestións legais que un youtuber pode atopar no seu día a día, desde algo tan sinxelo como abrir unha canle, pasando pola monetización ou alta en networks, ata etapas máis avanzadas como realizar actuacións en directo.
Nun principio esta guía foi pensada para os youtubers e os usuarios desta plataforma en xeral, que normalmente non adoitan ler os Termos e Condicións de YouTube antes de montar a súa canle e empezar a publicar contido. Logo, cando xorden os problemas, empezamos a buscar desesperados onde está o parágrafo das condicións que o poden aclarar. Para evitar e previr disgustos, esta charla práctica resolverá todas as vosas dúbidas de antemán.
Inscrición gratuíta. Reserva a túa praza.
Detalles
Data
O día 02/11/2017 19:00