Blockchain, os novos retos legais e fiscais

O blockchain, ou cadea de bloques, é unha base de datos formada por unha serie de bloques de datos que se almacenan sucesivamente. Cada vez máis empresas entenden as oportunidades que supón para os seus negocios, de forma que os seus procesos sexan más eficientes técnicamente ou se desenvolvan novas ofertas de servicios. Pero, estamos preparados para asumir o seu impacto legal?

Con ese punto de partida a Asociación Galega de Blockchain e IoT (Norte) organiza esta xornada, na que se quere ofrecer unha visión de alto nivel sobre os aspectos prácticos do blockchain desde un punto de vista legal e sobre todo fiscal.

O programa competo da xornada, cos temas a tratar e a confirmación de asistencia está nun meetup ao que podedes acceder desde aquí.

A charla estará impartida por Anxo Barreiro, director do departamento de fiscalidade de BV Asesores, quen ten colaborado en iniciativas como Coruña Hacks, e Bárbara Román, CEO de NoLegalTech, que participou na anterior edición do #LAIC.

Detalles

Data

O día 08/02/2019 19:30-21:30

Contacto

https://corunadixital.gal/iniciativa/agalbit/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

European Business Factory (Expocoruña)

Rúa Mendaña de Neyra, 2
15008 A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar