BiblioTECH: TECH4girls

O Día Internacional das Nenas nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) celébrase na Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga, a través do programa BiblioTECH, nesta ocasión cun obradoiro deseñado para rapazas de 9 a 14 anos que queiran aprender programación e robótica. Ao longo de 4 sesións, construirán e programarán o seu propio robot e deseñarán un videoxogo.
As prazas son limitadas e podes inscribirte dende o 21 ata o mesmo 28 de marzo. Apúntate acudindo presencialmente á túa biblioteca, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City.
Para obter máis información podes entrar na páxina web.
Detalles
Data
Dende o 28/03/2020 ata o 25/04/2020 11:30-13:30
Contacto
Información adicional
Inscricións dende o 21/03/2020 ata o 28/03/2020.
Categorías
Lugar
Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)
Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña
981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es