BiblioTECH: Realidade Aumentada nos contos

BiblioTECH, un programa que se desenvolve na Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga, organiza un obradoiro infantil no que nenos e nenas de 4 a 7 anos poderán experimentar coa realidade aumentada (AR).

Neste taller @as cativ@s aprenderán en que consiste a realidade aumentada e como está cada vez máis presente nas nosas vidas;  verán aplicada esta tecnoloxía interactuando con fichas coloreables de AR e a través de debuxos e contos que cobran vida.

Para obter máis información podes entrar na páxina web. As prazas son limitadas e podes inscribirte dende o 25 de xaneiro ata o 01 de febreiro. Apúntate acudindo presencialmente á túa biblioteca, chamando por teléfono ou creando un perfil na plataforma Smart City.

Detalles

Data

O día 01/02/2020 11:30-13:30

Contacto

http://www.coruna.gal/bibliotecas/es/actividades/plantillas/actividades-en-las-bibliotecas/detalle-evento/bibliotech-realidade-aumentada-nos-contos/suceso/1453717581096 binfantil@coruna.es

Información adicional

Inscricións dende o 25/01/2020 ata o 01/02/2020.

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)

Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es

Empece a escribir e pulse Enter para buscar