Realidade Aumentada

Grupo do LAIC 2019, o Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación

Descarga a aplicación para Android e experimenta cos prototipos e contidos

O traballo do grupo de realidade aumentada baseouse na aprendizaxe colectiva e nunha dinámica na que todas as persoas puidesen aportar, aprender e construír. Dese proceso horizontal facilitado por Aida Vidal naceron tres prototipos que se puideron probar na xornada Demo de #LAIC e coa que ti agora tamén podes experimentar.

O primeiro que debes facer é descargar no teléfono a aplicación (só está dispoñible para Android) no enlace superior. Mentres instalas a APP, contámosche que vas a atopar nela:

 

SinalAR: Trátase dun xogo que reinterpreta a sinaléctica dos espazos. Nós probámolo cos carteis do centro Ágora, pero podes probar que pasa nas sinais doutros lugares ou, se non che apetece saír da casa, sobre estas imaxes:

 

 

Biblioteca Paralela: Este prototipo deseñouse para facer valoracións sobre os libros da biblioteca. A idea é que sirva para que lector*s compartan opinións sobre as súas lecturas dunha maneira dinámica e sinxela. Tes xa a aplicación instalada? Pon o teléfono sobre esta imaxe e mira como sería!

 

 

Mulleres AR: Esta proposta quixo visibilizar ás mulleres creadoras dun xeito divertido e creativo, partindo dunha figura baleira que, pouco a pouco, vaise “vestindo” con diferentes elementos.

 

 

Ademais, na APP  tes unha cuarta opción, que son os contidos de “A Coruña Rebelde”, o arquivatón co que, como  comentabamos antes, comezou o interese do #LAIC na realidade aumentada:

 

 

Como ves, na xornada Demo de #LAIC probamos todas as propostas! 😉

 

 

Se tes interese en inspirarte, aprender e experimentar coa realidade aumentada e non puideches participar nesta ocasión no #LAIC, non te preocupes: para estar ao tanto de futuras propostas, podes subscribirte ao noso boletín, pero tamén participar no grupo do #LAIC no Facebook ou participar no seu Slack.

Empece a escribir e pulse Enter para buscar