Xornadas mulleres e innovación nas artes intermedia: obradoiro de vídeo poesía con Belén Montero

A área de Cultura da Deputación da Coruña organiza estas xornadas adicadas  a Mulleres e Innovación nas Artes Intermedia. A primeira das propostas destas xornadas consiste nun obradoiro de vídeo poesía impartido por Belén Montero, directora de Versogramas.

No taller desenvolverase un achegamento teórico-práctico á composición multimedia, de xénero, tecnoloxía e fala. Como material de traballo as persoas participantes empregarán os seus propios dispositivos móbiles e apps como ferramentas técnicas de composición.

A actividade é gratuíta pero precisa de inscrición previa que podedes formalizar desde aquí, onde tamén podedes ampliar esta información.

Detalles

Data

O día 08/04/2019 15:00-19:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Teatro Colón

Avenida da Marina, 7A
15001 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar