Xornadas de produción de videoxogos

A Escola de Imaxe e Son da Coruña  celebra estas xornadas de produción de videoxogos como parte do proxecto "Elaboración de materiais de produción de videoxogos", premiado pola Consellería de Educación na categoría de proxectos de innovación educativa.

O obxectivo destas xornadas é actualizar coñecementos de profesorado e alumnado e facer networking con profesionais do sector. No evento participarán expertos en distintas áreas da industria dos videoxogos, así como empresas, asociacións e profesionais do ámbito galego. Aquí tedes o programa detallado.

O alumnado da Escola realizará a emisión en streaming das xornadas, a través de http://streaming.eis.gal.

As persoas que asistan presencialmente os dous días recibirán un certificado de asistencia. Podedes solicitar máis información en  produccionvideojuegos.eis@gmail.com

Detalles

Data

Dende o 07/11/2019 ata o 08/11/2019

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

CIFP Imaxe e Son

Lugar Someso, 6
15008 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar