Vídeo Mapping. Sesión #3
O vídeo mapping consiste en proxectar ou despregar unha animación ou imaxes sobre superficies reais para conseguir un efecto artístico e fóra do común baseado nos movementos que crea a animación (2D e 3D) sobre a devandita superficie. O mapping máis habitual é o que vemos sobre os edificios monumentais acompañados de sons para efectuar un maior espectáculo. Desta forma permítese unha interacción co público e créase unha relación entre a arte, a tecnoloxía e a sociedade. Actualmente o Vídeo Mapping non só é unha técnica de proxección, xa que pode ser utilizado por tecnoloxías como pantallas de leds, vídeo muros, etc.
Neste grupo, que coordina Pablo Ferrer, coñeceremos as técnicas esenciais da disciplina, a través do manexo do programa MadMapper 3, e experimentaremos nas súas posibilidades, creando proxectos en equipos.
ATENCIÓN: O grupo completou as súas prazas, polo que a túa inscrición entraría na lista de agarda. Animámoste a que a complementes (a través do formulario que atoparás aquí) igualmente, xa que poden existir baixas e nese caso aínda poderías participar (asignaranse por orde cronolóxica de inscrición). Ademais, así tamén poderemos informarte de vindeiras actividades sobre a temática. ?
Detalles
Data
O día 23/02/2019 10h-14h/16h-20h
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-video-mapping/ laic@corunadixital.gal