Universidade da Coruña: sesión informativa sobre novas titulacións

Este xoves, na ETS de Camiños, Canais e Portos, a Universidade da Coruña desenvolve unha sesión informativa sobre as titulacións que incorpora para o vindeiro curso académico.

As persoas que asistan recibirán información sobre o grao dual de Enxeñaría Eléctrica e dos graos en Ciencia e Enxeñaría de Datos, en Xestión Dixital de Información e Documentación  e en Creación Dixital, Animación e Videoxogos.

A xornada está especialmente indicada para o futuro alumnado e as súas familias, pero tamén para profesorado e orientadores e nela facilitarase información sobre os plans de estudos, perfís de acceso e saídas profesionais entre outras cuestións.

Detalles

Data

O día 11/04/2019 18:00-20:30

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos - UDC

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar