Taller de narrativas populares contemporáneas

A narrativa audiovisual cada vez escapa máis dos formatos establecidos polos medios clásicos e abraza as características da rede: rapidez, ubicuidade e remix. Pasa ademais a ser xa non só unha arte ou unha práctica cultural para converterse nunha ferramenta da nosa comunicación cotiá: no medio dixital pasamos de dialogar con SMS a facelo con emoticonas, memes e GIFs animados. Somos quen de extraerlle o máximo significado a uns poucos segundos de vídeo. A través do loop desafiamos a linealidade dos discursos audiovisuais preestablecidos. E a xeración YouTube está deixando paso á xeración Snapchat. Neste taller teórico-práctico, impartido por componentes de ZEMOS98, veremos e practicaremos algunhas das ferramentas e experimentos que forman parte da xa tan naturalizada cultura da remestura e as denominadas Narrativas Populares.

Obxectivos didácticos:

  • Coñecer e analizar as principais diferenzas entre as linguaxes e narrativas tradicionais e as contemporáneas (cultura da remezcla, folcklore  dixital, memética, etc,...)
  • Explorar o uso de ferramentas concretas que permitan ensaiar narrativas populares contemporáneas.

Perfil dos participantes:

Persoas interesadas no uso crítico de novas tecnoloxías e medios de comunicación; é importante aínda que non imprescindible traer portátil propio e teléfono móbil con capacidade para gravar vídeo. Especialmente estamos interesados en persoas vinculadas ao mundo da comunicación, educación e/ou activismo.

Contidos concretos a tratar:

Teóricos: Fundamentos da narrativa mainstream tradicional vs narrativas populares contemporáneas, elementos formais comúns e particulares.

Prácticos:  Creación de GIFs, memes, Instagram Stories, Snapchat, Live FB/Periscope, etc

 

Actividade gratuíta. 20 prazas dispoñibles. Admisión por orden de inscrición.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

Detalles

Data

O día 18/11/2017 De 10:00 a 20:00

Información adicional

20 prazas. Para persoas interesadas no uso crítico de novas tecnoloxías e medios de comunicación e vinculadas ao mundo da comunicación, a educación e/ou o activismo. Importante (aínda que non imprescindible) acudir con portátil propio e teléfono móbil con capacidade para gravar vídeo.

Etiquetas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Veeduría, 2
15001 A Coruña

http://bit.ly/2bS2P5b

Empece a escribir e pulse Enter para buscar