Sesión de preguntas con Martín Pérez sobre Experiences with microservices on high-scale environments

O colectivo técnico Coruña JUG organiza esta sesión AMA (Ask Me Anything) para abordar todo o que, pola amplísima participación, non se puido tratar na última charla Experiences with microservices on high-scale environments.
Nesta nova sesión, Martin Pérez profundizará en todas as cuestións que quedaron pendentes, nun encontro de carácter máis ben informal e no que se pide a participación (facendo preguntas ou compartindo experiencias) das persoas que se inscriban.
A vía para formalizar a inscrición é o Meetup, ao que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 10/10/2019 20:00-21:30
Categorías
Lugar
La Olímpica
La Olímpica Rúa Alfredo Vicenti, 39
15004 A Coruña A Coruña