Primeiro Meetup de Marketing & Audiovisual na Coruña

O novo colectivo Marketing & Audiovisual na Coruña (MAV) organiza unha primeira xuntanza o vindeiro 19 de febreiro. Nesta sesión traerán a Sara Fernández (@nortecreando en Instagram), consultora de márketing dixital especializada en Social Media, e a Ledicia Bellón, realizadora e directora de fotografía que traballa actualmente en BySidecar.
Nas charlas con estas dúas profesionais, verase como Instagram é unha rede social moi poderosa e como xerar comunidades, convertindo seguidores en clientes. Tamén se falará da conexión entre o mundo da publicidade e o audiovisual e de como combinar ambos mundos.
Desde Coruña Dixital apoiamos esta cita, facilitando a súa celebración no espazo ACCEDE Papagaio. Se tes interese nesta actividade, entra no seu Meetup, onde poderás inscribirte e obter máis información 😉
Detalles
Data
O día 19/02/2020 19:30-21:00
Contacto
www.meetup.com/es-ES/Marketing-Audiovisual/