Oracle4Girls no CITIC (UDC)

O  Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña (CITIC)  e Oracle Academy impulsan esta iniciativa co obxectivo de fomentar o interese de nenas e adolescentes polos estudos científico-técnicos e divulgar as oportunidades que ofrece a formación en novas tecnoloxías.

Oracle4Girls ofrece para isto obradoiros de temática tecnolóxica para nenas e mozas de entre 5 e 17 anos, ademais de accións divulgativas nas que se traballará a creatividade experimentando con robótica, programación e tecnoloxía.

De maneira paralela aos obradoiros, desenvolveranse dúas charlas para nais e pais. A primeira, baixo o título O futuro da tecnoloxía (10:00) será impartida por Laura M. Castro, coordinadora do Grao de Enxeñaría Informática da UDC e investigadora do CITIC. A segunda, Navega con Rumbo (12:00) será impartida por Pilar Vila, do CPEIG.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición na web do evento.

Detalles

Data

O día 25/05/2019 09:30-13:30

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro de investigación en TIC- CITIC (UDC)

Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar