Obradoiro de marketing e comunicación dixital

Este obradoiro, promovido pola Concellería de Participación e Innovación Democrática, enmárcase dentro da oferta de cursos da Escola de Participación que esta área municipal pon en marcha para a cidadanía e para entidades sen ánimo de lucro. O obxectivo destas propostas formativas, que son gratuítas, é a de proporcionarlle ao tecido cidadán e asociativo coñecementos que favorezan a súa implicación efectiva na vida municipal.

Dentro da ampla oferta temática, hai tamén espazo para a cultura dixital, como é o caso deste curso de marketin e comunicación dixital para persoas que pertenzan a entidades sen ánimo de lucro.

Todos os cursos, tanto para á cidadanía como para entidades ou colectivos, contarán cun total de 20 prazas e impartiranse en horario de tarde no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX).

As inscricións deberanse realizar a través da web do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e para obter máis información sobre a Escola e os seus prazos de inscrición, pódese visitar a web de Participación.

Detalles

Data

O día 22/05/2019 17h-21h

Contacto

https://www.coruna.gal/cmix

Información adicional

Inscrición: do 6 ao 20 de maio ou ata esgotar prazas

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Empece a escribir e pulse Enter para buscar