Novas ferramentas da Industria 4.0: Solucións de PTC para IoT, realidade aumentada e machine learning

O xoves 14 de marzo a sala Cloud do CITIC acolle esta xornada,  impartida por Carlos Cosials Ruiz, IoT Senior Biz Consultant de PLM Integral, e Josep Ortega, Channel Business Development Manager para Iberia&MEA de PTC.

O seu principal obxectivo é dar a coñecer aos asistentes a súa plataforma de IoT e realidade aumentada, así como distintas solucións que aúnan as contornas físicas e dixital (CAD, CAE, PLM) para reinventar o xeito de deseñar, fabricar, operar, reparar ou manter os produtos na industria 4.0.

A xornada, de inscripción gratuíta, está dirixida a investigador*s e comunidade universitaria. A inscrición péchase o 13 de marzo ás 14h, as prazas son limitadas e adxudícanse por orde de inscrición. Se estás interesad*, podes solicitar a túa a través do formulario que atoparás na súa web, onde está tamén o programa completo.

Detalles

Data

O día 14/03/2019 10:00-13:45

Contacto

https://www.citic-research.org

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro de investigación en TIC- CITIC (UDC)

Campus de Elviña, s/n
15071 A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar