Nave 1839: Obradoiro de creación e experimentación sonora+mostra sonora con Martí Guillem

O centro social autoxestionado Nave 1839 convoca este obradoiro de creación e experimentación sonora impartido por Martí Guillem, un artista heterodoxo que manipula trebellos electrónicos, sons, imaxes, vídeos, accións e obxectos.
As persoas que asistan ao taller aprenderán a construír un pequeno sintetizador con algúns osciladores reactivos á luz. Tamén aprenderán como controlar o volume e a frecuencia do son de diferentes modos.
As prazas están limitadas a 20 persoas. Non é necesario ter experiencia previa en electrónica, polo que calquera persoa curiosa pode inscribirse enviando un mail co seu nome e apelidos a actividades@nave1839.org
O prezo da inscripción é á vontade. Ademais, as persoas interesadas en seguir experimentando pola súa conta poderán adquirir un kit. Logo do obradoiro (ás 21:00h, tamén á vontade), Martí ofrecerá unha mostra sonora de DLIGHT, o seu último proxecto, que se basea no efecto sinestésico da luz/son/luz.
Detalles
Data
O día 03/03/2019 Obradoiro de 16h-20h e mostra sonora a partir das 21h