Narrativas populares contemporáneas. Sesión #4
Na primeira parte desta sesión exploraremos como as distintas ferramentas de publicación crean novas linguaxes, ben partindo da súa arquitectura inicial, ben adaptándoa a como a empregan os usuarios. Percorreremos os mellores fíos de Twitter, as stories de Instagram, os vídeos de TikTok, as aplicacións de chat-stories, a creación feita con emojis e outras narrativas que naceron como resposta creativa ás distintas funcionalidades das redes sociais.
Na segunda parte seguiremos desenvolvendo as ideas e publicando as prácticas que se fagan no día, poñendo en común o traballo de cara á publicación dos resultados finais.
Este é o programa previsto para as vindeiras sesións:
- 15 de marzo: Repaso e finalización dos traballos
Ademais dunha sesión final, común a todos os grupos do LAIC, o 22 de marzo.
Detalles
Data
O día 01/03/2019 17h-20h
Contacto
https://corunadixital.gal/iniciativa/laic-narrativas-populares-contemporaneas/ laic@corunadixital.gal