Mestrado de creación de videoxogos EBF: presentación de “Light Revenge”

A primeira edición do Mestrado de Creación de Videoxogos European Business Factory  chega ao seu fin, coa presentación do TFM do seu alumnado: un videoxogo, Light Revenge, no que traballan desde outono do ano pasado e que, ademais, é o primeiro creado nas aulas da EBF.

Para desenvolvelo, as participantes nesta primeira promoción do curso organizáronse como un estudo independente, tutelado pol*s docentes de EBF, aprendendo a pensar o videoxogo e a darlle forma. O traballo será presentado posteriormente aos Premios Playstation Talents.

Nesta xornada presentaranse outros proxectos do alumnado da European Business Factory. Podedes confirmar asistencia no correo operaciones@ebf.com.es

Detalles

Data

O día 26/07/2019 18:00

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

European Business Factory (Expocoruña)

Rúa Mendaña de Neyra, 2
15008 A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar