Mesa redonda: experiencias Coruñesas co traballo remoto

Catro empresas TIC da cidade poñerán en común as súas experiencias co tele-traballo nestes últimos meses: como eran antes as súas dinámicas, como foi a adaptación, o antes e o despois e os retos que tiveron que afrontar...

Participan nesta xuntanza Andrea Lozano, content specialist en Arengu,  Chema Casanova, co-fundador de Igalia, Brais Árias, consultor e desenvolvedor de software libre en Icarto, e Inés Bra, co-fundadora de Opositatest.

Tedes máis información e a posibilidade de rexistrarvos no Meetup desta actividade, ao que podedes acceder desde aquí . En vindeiras datas, actualizarase co link necesario para seguir o encontro en YouTube.

Detalles

Data

O día 13/10/2020 19:00-20:30

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar