Médicos sen Fronteiras: día do mapatón humanitario na Coruña
En Médicos sen Fronteiras, os mapas son unha ferramenta vital, porque son imprescindibles, por exemplo, para chegar ás víctimas de crises humanitarias ou desastres naturais. O problema é que hai áreas do planeta sen cartografiar.
Para subsanar isto, a oenegué desenvolve un mapatón en colaboración con varias entidades, entre as que está Cartolab da Universidade da Coruña, no que se mapeará de maneira colectiva e simultánea en máis de 10 cidades e baixo distintas modalidades.
No caso da Coruña, o mapatón celebrarase na aula de informática da ETS de Camiños, Canais e Portos. Para participar non hai que ter grandes coñecementos técnicos, senón un coñecemento básico de ordenadores e Internet.
Tedes a información completa e as instruccións para rexistrarvos na actividade aquí.
Detalles
Data
O día 11/04/2019 16:30-20:00
Contacto
https://www.facebook.com/events/269889410568783/?active_tab=about
Categorías
Lugar
ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos - UDC
Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña