Máquinas que entenden o noso idioma
A Unidade de Divulgación Científica e Radio Coruña-Cadena SER presentan o proxecto #ConversacoaUDC, unha iniciativa para divulgar entre o público en xeral as actividades investigadoras da universidade.
Desta vez, falará con Carlos Gómez Rodríguez, da Facultade de Informática, quen compartirá o seu proxecto #FASTPARSE: unha investigación nos campos da informática, da lingüística e da Intelixencia Artificial que indaga na procura de que as máquinas poidan comprender e utilizar as linguas humanas.
Podedes atopar máis información na páxina da UDC.
Detalles
Data
O día 21/11/2019 19:30