Mañá de portas abertas no Centro Ágora

Esta edición Coruña Dixital ten o seu espazo no centro Ágora. É onde se están a desenvolver a meirande parte das actividades, como por exemplo as do #LAIC, pero tamén é un lugar para encontrarnos. Que nos gustaría que ocorrera aquí?

  • Que te animes a coñecernos e a presentarte, a ti e/ou ao teu colectivo
  • Que aproveites para facer consultas ou suxestións
  • Que nos expliques cal é o proxecto que che gustaría presentar e compartir para que poidamos axudarte a facelo
  • Que contactes con xente con intereses e afeccións comúns

Pero para que todo iso pase, tes que vir: nós estaremos este próximo venres 1 de febreiro, de 10h a 14h, no noso recuncho no centro Ágora para coñecerte e escoitar as túas propostas, dúbidas ou suxestións.

O ideal é que poidas avisarnos previamente e así concertar unha cita. Tan só tes que escribirnos ao noso correo.

Estaremos encantad*s de recibirte na comunidade de Coruña Dixital! 😉

 

Detalles

Data

O día 01/02/2019 10h-14h

Contacto

https://corunadixital.gal/ ola@corunadixital.gal

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA
  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar