Machine Learning Workshop Galicia

Nos últimos anos, o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Machine Learning incrementouse notablemente. Co Big Data, a mellora dos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning, esta rama da intelixencia artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento.

Tralo éxito do ano pasado en Vigo e das dúas edicións previas en Compostela (WGML2016 y WGML2017), neste 2019 o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) e a Facultade de Informática da Coruña organizan a IV Machine Learning Workshop Galicia.

Podédesvos inscribir na nova edición de WGML aquí ata o 12 de outubro.

Detalles

Data

O día 17/10/2019 10:00

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Facultade de Informática

Campus de Elviña s/n
15071 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar