Loop, Plantillas e PreGetPost: o ABC de WordPress

O colectivo WordPress Galicia celebra o seu segundo Meetup online: unha xuntanza dos grupos de Meetup de WordPress da Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

O encontro, que se realizará a través da plataforma Zoom, terá un caráter interactivo e unha capacidade máxima de cen asistentes, que obterán o enlace de acceso á reunión tras inscribirse a través do Meetup da actividade, ao que podes acceder desde aquí e onde atoparás información ampliada.

Nesta ocasión, o consultor web Mauricio Gelves compartirá coas persoas que asistan á xuntanza os seus coñecementos sobre Loop, plantillas e PreGetPost.

Detalles

Data

O día 15/05/2020 19:00-21:00

Información adicional

Enlace do evento visible só para as persoas inscritas

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

[ Online ]

Empece a escribir e pulse Enter para buscar