International Games Week: vén xogar á biblioteca

A biblioteca infantil e xuvenil Durán Loriga celebra a International Games Week @your library uníndose a esta inicativa da American Library Association con esta proposta para todos os públicos.

Na primeira sesión do venres (16:00-21:00) haberá xogos na biblioteca, de mesa e dixitais, ademais de xogo libre e en familia e a presentación demo de Sea Bubble.

O sábado (10:30-14:00 e 16:00-20:00) as persoas que participen poderán retomar as actividades do día anterior, ademais de probar en pantalla dixital o xogo Sea Bubble e a proposta Ti (non) es de aquí?. Tamén se celebrará a primeira xornada do obradoiro de programación de videoxogos, para o que se abre a inscrición a partir do 02 de novembro.

Para participar nestas actividades non é preciso inscrición previa, pero hai límite de aforo. Tedes máis información na web da biblioteca, á que podedes acceder desde aquí.

Detalles

Data

Dende o 08/11/2019 ata o 09/11/2019

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (Durán Loriga)

Rúa Durán Loriga, 10
15003 A Coruña

981 18 43 88 http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/biblioteca-municipal-infantil-e-xuvenil-duran-loriga/entidad/1099934337674 binfantil@coruna.es

Empece a escribir e pulse Enter para buscar