Iniciación á informática e correo electrónico (I)
A Aula CeMIT inclúe na súa programación de xaneiro un curso de iniciación á informática e correo electrónico.
Nestas aulas ofrecerase formación sobre os conceptos básicos da informática, primeiros pasos (acender, apagar e manexar o rato e o teclado con soltura) e manexo de equipo informático e correo electrónico.
Para este programa, que terá lugar os luns e mércores do 13 ao 29 de xaneiro, non é necesario ter coñecementos previos. Podes realizar a inscrición facendo click neste enlace.
Tes ademais a posibilidade de realizar este mesmo curso nunha segunda convocatoria, que se desenvolverá os martes e xoves en horario de mañá .
O prazo de inscrición remata o 10 de xaneiro. Aquí tes a programación completa e os criterios de participación.
Detalles
Data
Dende o 13/01/2020 ata o 29/01/2020 16:30-18:30
Categorías
Lugar
Aula CeMIT de Eirís
Rúa Terranova de Eirís, 7
15009 A Coruña A Coruña