Formación en informática e tecnoloxía: curso intermedio de informática, Internet e correo electrónico

A rede de bibliotecas municipais da Coruña conta cun servizo de inclusión dixital baseado na formación básica en informática e tecnoloxía. Se pensas que a ti ou a alguén do teu entorno, maior de 14 anos, vos pode interesar, aquí podedes atopar a información ampliada e imprimible. A información tamén está na vosa biblioteca máis próxima.

Cos cursos de formación en informática e tecnoloxía calquera persoa sen coñecementos de informática ou Internet poderá romper o xeo e adquirir os coñecementos básicos para desenvolverse no mundo dixital (comunicación, correo, emprego, participación cidadá, compras, trámites administrativos...) cos dispositivos actuais: ordenador, móbil, libro electrónico, tableta... E todo iso atendendo a un uso responsable e ético das distintas ferramentas e plataformas.

No centro Ágora, que é onde nós estamos, celébranse algúns destes cursos. Como este, de nivel intermedio de informática, Internet e correo electrónico, que comeza o 20 de maio e remata o 31, con sesións de luns a venres. As inscricións neste curso abriranse o día 13 dese mesmo mes.

Tes aquí  a información relacionada con todos os cursos que ofrece a rede municipal de bibliotecas para que busques que é o que precisas aprender e en que biblioteca da cidade atopalo. Seguro que hai algo para ti!

E lembra que, ademais destes cursos, as bibliotecas teñen tamén un servizo de atención tecnolóxica personalizada onde poder realizar consultas puntuais. Infórmate aquí!

 

 

 

Detalles

Data

Dende o 20/05/2019 ata o 31/05/2019 16h-19h

Contacto

http://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/formacion/informatica-e-tecnoloxia

Categorías

  • COMEZANDO NA TECNOLOXÍA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar