Fin de semana de cinema…e son!

O 27 de outubro a UNESCO celebra o Día Mundial do Patrimonio Audiovisual, adicado a tomar conciencia da importancia da conservación de filmes, programas de radio e televisión e gravacións audiovisuais que son patrimonio de tod@s por ser testemuños da historia dos séculos XX e XXI, e, por tanto, parte fundamental da nosa historia e identidade cultural.

No Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) da Coruña,  ofrecen con este motivo un programa de actividades pensado para todas as idades con obradoiros, proxeccións e un percorrido pola historia do cinema e o son. Tedes aquí o programa completo.

Algunhas das actividades requiren de inscrición previa. Tedes aquí toda a información.

Detalles

Data

Dende o 26/10/2019 ata o 27/10/2019 Todo o día

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

MUNCYT

Praza do Museo Nacional de Ciencia, 1
15011 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar