Festival Intersección

A fundación Luis Seoane e a Normal da UDC acollen unha nova edición do festival Intersección. Unha proposta que explora a creación artística que se ubica no cruzamento da arte contemporánea e o cine de vangarda e que manexa tanto códigos estéticos coma linguaxes e procesos de creación innovadores.

Na súa programación atoparedes unha gran diversidade de creador*s. Entre el*s Belén Montero e Juan Lesta, de longa e recoñecida traxectoria e protagonistas dun dos focos (foco DSK) do festival. Belén e Juan teñen participado e moitas propostas do LAIC e outras actividades de Coruña Dixital.

Dentro do amplo programa de Intersección atoparades diferentes focos e propostas, así como numerosas actividades. De todo tedes cumprida información na súa web, á que podedes acceder desde aquí.

 

Detalles

Data

Dende o 28/10/2020 ata o 01/11/2020

Categorías

  • INSPÍRATE, EXPERIMENTA

Lugar

Fundación Luís Seoane

Rúa San Francisco, 27
15001 A Coruña A Coruña

https://fundacionluisseoane.gal/gl/

Empece a escribir e pulse Enter para buscar