Facer un api completo con Api platform de 0 a 100

O colectivo técnico Php Coruña organiza unha nova reunión na que compartir coñecemento. Desta vez, a temática será a de "Como facer un Api rest listo para a produción con Api Platform".

Ao inicio da sesión revisaranse conceptos teóricos coma Json-Ld, Hydra, Open Api Specification ou Swagger UI e finalmente haberá un aterraxe de cara a un proxecto real para ver como facer un Api personalizable coa Api Platform.

Para máis información e incrición, consulta o evento na plataforma MeetUp.

Detalles

Data

O día 28/11/2019 19:00-21:00

Contacto

https://www.meetup.com/es-ES/Php-Coruna/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

Centro Ágora

R/ Lugar da Gramela, 17
15010 A Coruña

http://www.coruna.es/agora

Empece a escribir e pulse Enter para buscar