Extreme Programmers Coruña
Trala pausa do verán continúan as reunións e conversas sobre as cuestións relacionadas co desenvolvemento de software. Neste encontro de setembro, aberto a asistentes xa habituais pero tamén a novas incorporacións, falarase de Extreme Programming (XP) e das súas características fronte a outras metodoloxías áxiles.
Tedes máis información no Meetup da actividade, no que tamén podedes confirmar asistencia e ao que podedes acceder desde aquí.
Detalles
Data
O día 12/09/2019 19:30-21:30
Categorías
Lugar
La Olímpica
La Olímpica Rúa Alfredo Vicenti, 39
15004 A Coruña A Coruña