Extreme Programmers Coruña

O colectivo Coruña Agile organiza de novo unha xuntanza para falar de Extreme Programming (XP): unha metodoloxía de desenvolvemento que ten como obxectivo mellorar a calidade e resposta ao cambio do software. Fronte a outras metodoloxías áxiles, esta insiste nas boas prácticas técnicas e na xestión de equipo e produto.

As charlas desenvólvense nun ambiente distendido que ten como obxectivo favorecer o contacto entre persoas con ganas de aprender e mellorar as súas habilidades.

A sesión é gratuíta, pero é preciso inscribirse no seu Meetup, ao que podes acceder desde aquí.

 

Detalles

Data

O día 09/05/2019 20:00-22:00

Contacto

http://corunadixital.gal/iniciativa/coruna-agile/

Categorías

  • ACTIVIDADE TÉCNICA

Lugar

La Olímpica

La Olímpica Rúa Alfredo Vicenti, 39
15004 A Coruña A Coruña

Empece a escribir e pulse Enter para buscar